Programa Definitivo by Sergio París on Scribd
IX Congreso Galego de Ornitoloxía
Sitio oficial do IX Congreso Galego de Ornitoloxía, que se celebrará en Pontevedra os días 25-27 de Novembro de 2016 organizado pola SGO.
luns, 21 de novembro de 2016
Kalandraka, novo colaborador do Congreso
Anunciamos unha nova colaboración co Congreso Galego de Ornitoloxía, por parte da editorial pontevedresa Kalandraka, que instalará un stand para a venda dos títulos da súa colección relacionados co mundo das aves. Unha estupenda serie de volumes con prezos e descontos especiais para os asistentes ao Congreso. O noso agradecemento aos amigos de Kalandraka.
martes, 1 de novembro de 2016
luns, 24 de outubro de 2016
Ampliación do prazo de presentación de ponencias
Comunícase que o prazo de presentación de comunicacións orais e paneis, que remataba inicialmente o 25 de outubro, vese ampliado ata o vindeiro luns 31 de outubro como data definitiva.
Os resumos presentados deberán seguir as instrucións definidas no apartado correspondente desta páxina.
Tundra Ediciones, entidade colaboradora do Congreso Galego de Ornitoloxía
Ao igual que na anterior edición celebrada en Cabana de Bergantiños, Tundra Ediciones colaborará co IX Congreso Galego de Ornitoloxía coa instalación dun posto de venta dunha selección das súas publicacións relacionadas coas aves e co medio ambiente en xeral.
mércores, 21 de setembro de 2016
2ª Circular, datas clave, presentación de comunicacións e inscricións
Na
segunda circular informativa do Congreso, recén distribuída, preséntase
información básica respecto das datas e normas de presentación de
comunicacións e inscrición.
Tamén se atopan dispoñibles as normas e prazos para a presentación de comunicacións e a ficha de inscrición no congreso.
A información incluida nestes documentos pode atoparse nas pestañas correspondentes deste blog.
DATAS CLAVE
Fin do prazo de inscrición "económica": 1 de novembro.
Fin do prazo de presentación de comunicacións: 25 de outubro.
Fin do prazo de inscrición: 25 de novembro.
Celebración do Congreso: 25-27 de novembro.
2ª Circular CGO Pontevedra by Sergio París on Scribd
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)