Comunicacións



  1. A temática do congreso será “Efectos dos cambios ambientais e territoriais nas aves galegas”. Poderán presentarse igualmente comunicacións sobre calquera tema relacionado coa ornitoloxía.
  2. O idioma a empregar nas comunicacións será o castelán, galego, portugués ou inglés. 
  3. As comunicacións poderán ser orais ou en formato póster, debéndose identificar o tipo de comunicación á que se opta. 
  4. Os resumos deberán expoñer os principais resultados da comunicación, alén dos obxectivos e da metodoloxía empregada. 
  5. Os resumos serán enviados por correo electrónico ao enderezo congresos@sgosgo.org, con texto mecanografiado en Times New Roman e papel formato DIN A-4 utilizando Word ou compatible, cun máximo de 400 palabras, indicándose, segundo a seguinte orde: Título, Autor(es), Poñente, Enderezo, E-mail. 
  6. O Comité Organizador resérvase o dereito de seleccionar as presentacións orais ata completar os tempos dispoñibles. Para aquelas ponencias que non poidan ser expostas oralmente, avisarase aos autores coa antelación suficiente co fin de que teñan a opción de facelo en forma de póster. 
  7. A duración das ponencias orais será de aproximadamente 15 minutos. O tempo finalmente dispoñible , así como os horarios, será comunicado aos ponentes unha vez configurado o programa definitivo e coa antelación suficiente. Contarase con canón de luz conectado a computador. Calquera outra posibilidade de presentación deberá ser comunicada á organización coa entrega dos resumos. 
  8. Os pósters terán un máximo de 1,20 m de altura por 0,90 m de largura. Serán colocados por conta do autor(es), no lugar que indique o Comité Organizador, e deberán estar expostos durante todo o Congreso.
  9.  O prazo de presentación de resumos remata o 25 de outubrode 2016. 
  10. Polo menos unha das persoas que asinen unha comunicación deberá estar inscrita no Congreso. 
  11. O programa completo de comunicacións orais, co título e autor de cada ponencia, e mais a relación de comunicacións en poster, entregarase coa documentación ás persoas inscritas no Congreso, figurando no blog do Congreso unha semana antes (http://congresogalegoornitoloxia.blogspot.com.es/).

As persoas interesadas en publicar as súas comunicacións nas Actas do Congreso, deberán enviar os artigos completos antes do 1 de xuño de 2017, segundo normas que se facilitarán oportunamente. A súa publicación deberá ser aceptada polo correspondente Comité Científico.